Curiosidades dos elementos químicos (II)
Seguindo coa explicación da orixe dos nomes dos elementos químicos hoxe traemos aos persoaxes da mitoloxía.
Nove elementos levan o nome de heroes ou deuses de distintas culturas antigas: Grecia, Roma, Escandinavia...
Titanio: recibe o nome dos “Titáns”, unha raza de poderosos deuses gregos fillos de Urano e Xea que gobernaron na Idade de Ouro.
Vanadio: por “Vanadis” deusa escandinava da beleza, do amor e fertilidade. O nome púxollo o sueco Nils Gabriel Sefström porque comezaba por V e non había ningún que tivese o nome que empezase por esa letra.
Tantalio: por Tántalo, da mitoloxía grega, fillo de Zeus e pai de Níobe. Sufríu un castigo mítico por entregarlle a ambrosía dos deuses aos humáns. Zeus condeouno a vivir mergullado nunha lagoa e á sede e fame eterna. Cando tentaba beber as augas afastábanse e cando tentaba comer os froitos fuxían. Este fenómeno relaciónase coa resistencia do metal ao ataque dos ácidos.
Niobio: por Niobe, filla de Tántalo. Tivo moitos fillos e bulrábase de Leto que só tiña a Apolo e Artemisa. En venganza matáronlle aos fillos. Foi tal a dor que tivo que lle suplicou a Zeus que a convertise en pedra.
Paladio: por Palas, deusa grega da guerra, a civilización, a sabiduría, a estratexia, as artes, a xustiza e a habilidade. Segundo a lenda era filla de Zeus e Metis e naceu armada da cabeza aos pés.
Mercurio: por Mercurio, deus romano do comercio, fillo de Xúpiter e Maia Maiestas. A palabra mercurio emprégase como errático, móbil ou inestable, en relación aos rápidos movementos deste metal no seu característico estado líquido.
Prometio: polo titán grego Prometeo, amigo das persoas. Enganou aos deuses varias veces e rouboulles o lume para devolverllo aos seres humanos, polo que foi castigado a permanecer encadeado e que unha águia lle comese o fígado todos os días.
Torio: por Thor, o deus nórdico do lóstrego e a tormenta. Tiña influencia sobre o clima, as colleitas, a xustiza, as viaxes e a guerra.
Plutonio: por Plutón, o deus romano dos infernos, fillo de Saturno e Ops.