Curiosidades dos elementos químicos

6 Xuño 2011
táboa periódica

Neste Ano da Química iniciamos unha serie de traballos a partir do estudio da Táboa Periódica dos elementos químicos.

Os grupos de primeiro de ESO estivemos preparando unha exposición sobre os elementos químicos. Fixemos unha serie de murais en cartulina cos que montaremos unha táboa periódica xigante. Como resumo dos nosos traballos elaboramos unha serie de artigos sobre a orixe dos nomes dos elementos que vos iremos amosando en partes.

Nesta primeira entrega falamos dos nomes que teñen que ver con lugares do Universo (astros) ou da Terra (continentes, países, cidades...).

 

A ORIXE DOS NOMES DOS ELEMENTOS QUÍMICOS:

Nomes xeográficos:

ASTROS

Cerio: polo asteroide Ceres que se descubrira na mesma época.

Paladio: polo asteroide Palas.

Uranio: polo planeta Urano que acababa de ser descuberto en 1781

Neptunio: polo planeta Neptuno

Plutonio: por Plutón

Selenio: por “Selene” Lúa, en grego.

Helio: por “helios” (sol en grego), porque foi detectado por primeira vez no espectro da luz solar.

Paladio: polo asteroide Palas

CONTINENTES:

Europio: Europa.

Americio: América.

países:

Francio: Francia.

Rutenio: “Ruthenia”, Rusia no latín medieval.

Cobre: do latín “cuprum” de  “aes cyprium”, illa de Chipre, pola abundancia do metal nesta illa.

Tulio: de “Thule”, Escandinavia en latín.

Galio: de “Gallia”, Francia en latín.

Xermanio: de “Germania”, Alemania en latín.

Polonio: en honra a Polonia, patria de Marie Curie.

CIDADES:

Hafnio: de “Hafnia”, Copenhague en latín.

Dubnio: por Dubnia, cidade rusa onde foi descuberto.

Darmstadio: por Darmstad (Alemania)

mina Iterby

Mina Yterby (Suecia)

Lutecio: de “Lutetia”, París en latín.

Holmio: de “Holmia”, Estocolmo en latín.

Erbio, itrio, terbio e Iterbio: por Itterby, a cidade sueca onde foron descubertos.

Berquelio: por Berkeley (Universidade de California)

OUTROS LUGARES:

Magnesio: por Magnesia, na Antiga Grecia.

Estroncio: por Strontian, en Escocia, onde foi descuberto.

Escandio: por Escandinavia.

Renio: polo río Rin.

Hassio: polo estado alemán de Hesse, onde se atopa o centro que o descubríu.

Californio: pola Universidade de California.