Curiosidades do elementos químicos (IV)

4 Outubro 2011
elementos-científicos

Trece elementos químicos levan o nome de persoaxes da ciencia. O primeiro que se empregou foi o de Gadolin (descubridor do mineral gadolinita), para o elemento nº 64, gadolinio, descuberto en 1880 por Jean Charles Galissard de Marignac.

Os elementos que se descobren na actualidade levan provisionalmente o nome do seu número en latín. Os descubridores fan unha proposta que ten que ser aceptada pola IUPAC Unión Internacional de Química Pura e Aplicada (International Union of Pure and Applied Chemistry). Así, para o elemento número 116, Ununhexio (un-un-hex) está proposto o nome de Flyorovium" (Fl), en honra a G. N. Flyorov.

 

NOMES DE CIENTÍFICOS

Rutherfordio: por Ernest Rutherford

Seaborxio: por Glenn T. Seaborg

Bohrio: por Niels Bohr.

Roentxenio: por Wilhem Conrad Roentgen, premio Nóbel de Física descubridor dos raios X.

Copernicio: por Nicolás Copérnico.

Ununhexio : Flyorovium" (Fl) - en honra a G. N. Flyorov, pendente de aprobar.

Laurencio: por Ernest Orlando Lawrence, inventor do ciclotrón.

Gadolinio: polo científico sueco J. Gadolin

Curio: en honra a Pierre e Marie Curie.

Einstenio: en honra a Albert Einstein (1879-1955). Físico de orixe alemán, Premio Nobel de Física en 1921. Autor da Teoría da Relatividade.

Fermio: polo físico nuclear estadounidense de orixe italiana, Enrico Fermi.

Mendelevio: en honra ao creador da Táboa Periódica dos elementos químicos, o ruso Dimitri Mendeleyev.

Nobelio: por Alfred Bernhard Nobel (1933-1896), inventor e químico sueco creador dos premios Nobel.

Meitnerio: por Lise Meitner, matemática e física

 

NÚMEROS (en latín): nomes provisionais.

Ununtrio: un, un, tres

Ununquadio: un, un, catro

Ununpentio: un, un, cinco

Ununhexio: un, un, seis

Ununseptio: un, un, sete

Ununoctio: un, un, oito