Curiosidades das plantas

1 Novembro 2011
castiñeiro Mendoia

As plantas son os seres que máis tempo viven (máis de 10.000 anos) e que máis tamaño acadan (máis de 115 mde altura).

Caracterízanse por estar formadas por moitas células eucariotas diferenciadas con paredes de celulosa. Obteñen a enerxía da luz do Sol e reprodúcense de forma sexual (esporas/sementes) ou asexual.

As plantas son os máis importantes produtores de osíxeno do planeta e a máis importante fornte de alimento para os seres vivos, pois están na bas da maioría das cadeas alimentarias. Proporcionan ademais multitude de produtos: febras, combustibles, medicamentos, graxas e aceites, resinas...

A alimentación humana mundial básase en arredor de trinta plantas que achegan ao conxunto da poboación da Terra un 90% das calorías. O arroz, o millo, o trigo, os aceirtes vexetais e as patacas son as principais fontes alimentarias para a maioría da poboación.

O cultivo máis importante do mundo é o arroz, con 600 millóns de tn. Os froitos máis vendidos son o tomate, con máis de 108 millóns de tn a banana, con algo máis de 100 millóns de tn.