As cunchas

8 Decembro 2010
cunchas-2

A cuncha é a cuberta exterior dura e ríxida dos moluscos. Fórmase por secreción das células do manto.

As cunchas adoitan ser de nácar, unha mestura orgánica con varias capas: conquiolina (unha escleroproteína), calcita ou aragonita e carbonato cálcico (CaCO3) cristalizado. Poden ser dunha única peza ou varias e de formas variadas máis ou menos cónicas ou enroladas enroladas en espiral,

Cando algúns moluscos son invadidos por un parásito ou molestados por un obxecto estrano, que non poden expulsar, envólveno en capas de nácar que dan lugar a unha pérola.

As cunchas dos moluscos forman parte dos sedimentos e, despois de moito tempo,

poden dar lugar a rochas calcárias.

A malacoloxía é a ciencia que estuda os moluscos e a conquilioloxía especialízase no estudo dos moluscos con cuncha

As cunchas foron empregadas polas persoas deste tempo moi antigos para facer obxectos utilitarios (recipientes, formas, ferramentas, moedas...), en decoración, coleccionismo, xoiería, para a extracción ou cultivo de pérolas, como fertilizantes agrícolas, materiais de construción,

recheos e pavimentos, como complemento dos pensos para animais, como instrumentos musicais...