Créase o primeiro cromosoma artificial
O científico Jef Boeker coa axuda de Chandrasegaran e a colaboración de máis de 50 estudantes, levaron a cabo o desenvolvemento da idea de crear un lévedo cuxo xenoma estivese fabricado por completo nun laboratorio a partir das moléculas químicas básicas do ADN, creando así o primeiro cromosoma complexo sintético.
Ata agora, intentáronse obter copias artificiais do que creou a natureza, mais este cromosoma é moi diferente ao cromosoma natural, posto que é produto de moitas modificacións.
O que buscaban era a fabricación dos 16 cromosomas que posúe o lévedo, que se utiliza para elaborar produtos como o pan, a cervexa ou o viño; e para iso utilizaron como modelo o cromosoma 3, pois é un dos máis pequenos con máis de 316000 pares de bases (unidade básica do ADN) e que despois de todos os cambios nin sequera chegaba aos 274000 pares de bases.
O equipo de científicos realizou varias alteracións na base xenética deste cromosoma, e eliminaron unha gran cantidade de ADN que non era esencial para o lévedo, chamados secuencias repetitivas, xenes saltaríns ou ADN móbil, que non afectan na actividade xenética nin na viabilidade do lévedo, e que arrastra parte da cadea do ADN que hai xunto a eles e que tras saltar dun sitio a outro do xenoma terminan por producir secuencias redundantes que non codifican información xenética algunha e que poden ocupar rexións moi extensas no ADN de algún dos organismos.
Ademais, inseríronse pequenas secuencias de ADN en sitios clave que lle permiten transformar o cromosoma orixinal do lévedo engadindo un determinado composto químico, podendo xerar miles e millóns de cromosomas derivados do natural, cada un con diferentes propiedades e diferentes estruturas. Este cromosoma logo foi integrado ás células vivas do lévedo, demostrando que cumpría as mesmas función que os cromosomas naturais e non interfería na vida normal do lévedo, mais tamén posuía novas propiedades que estes non tiñan.
Este gran descubrimento foi comparado polos expertos coa secuenciación do xenoma humano, pois é un gran avance para a vida artificial e pode ser a clave para abrir as portas ao deseño de microorganismos capaces de reproducir biocombustibles, vacinas (coma a utilizada para a hepatite B ou a malaria) ou outros moitos dos compoñentes usados pola industria química.