Crean plástico auténtico a partir das árbores

6 Septembro 2012
plásticos

Uns científicos holandeses da Universidade de Utrecht (Paises Baixos) conseguen producir etileno e propileno, materias que se empregan moito na industria do plástico, dende una caixa de CD’s, os teclados dos ordenadores ou os envases dos medicamentos, sen a necesidade de utilizar petróleo.

O proceso utiliza una especie de catalizador de ferro feito con nanopartículas capaz de converter en plástico a materia orgánica vexetal como arbores ou céspede. Na  industria da nanotecnoloxía lévase tempo tentando conseguir algún proceso capaz de producir plástico sen petróleo. Xa se achegaran cos “bioplásticos”, que se lograban a partir dos cultivos de millo ou azucre, máis estes non conseguían as mesmas propiedades cos que son derivados do petróleo, feito que superaron con esta innovación con materias vexetais. Os cales, son moito máis biodegradables. 

plásticos-b