Crean o material sólido máis lixeiro do mundo

3 Febreiro 2012
material lixeiro

Un equipo de investigadores da Universidade de California, os Laboratorios HRL e o Instituto de Tecnoloxía de California, desenvolveu o material máis lixeiro do mundo, aproximadamente 100 veces máis lixeiro que o poliestireno extruido.

O novo material contén un 99,99% de aire e só un 0,01% de elementos sólidos. A parte sólida, fabricada a escala nanométrica, está formada por unha rede tridimensional de tubos ocos de níquel-fósforo cun espesor mil veces inferior a un cabelo humán.
A pesar de tratarse dun metal, recupérase completamente tras a compresión e ten unha extraordinaria capacidade de absorber enerxía. 

material lixeiro1