Cráteres de Marte: onde buscar vida

3 Maio 2012
marte cráter

A misión Mars Express da Axencia Espacial Europea (ESA) publicou esta semana varias imaxes das grandes cadeas de cráteres en Marte; os científicos afirman que dependendo da súa formación poden ser un bo lugar para buscar

vida microbiana que puido sobrevivir a situacións extremas.

As imaxes, mostran a formación de Tractus Catena, en Arcadia, que pertence á extensa rexión de Tharsis, onde tamén se atopan un grupo de enormes volcáns, entre os que destacan Montes e Tharsis. Ao norte atópase o Monte Alba, un dos máis grandes do sistema solar dividido polas fosas do monte Tractus Catena formando depresións circulares que se estenden ao longo da codia marciana.

Establecéronse tres teorías que poden confirmar a existencia das cavidades subterráneas nestas zonas montañosas. 

As cadeas de cráteres poderían ter orixe volcánico; ás veces, a lava producida por un volcán comeza a solidificarse na superficie, creando un tubo polo que continúa saíndo lava pero co paso do tempo esta entrada ao tubo pode derrubarse e así deixar tras de sí unha cavidade subterránea; outra posibilidade é que estas cadeas puideran estar orixinadas polas presións internas da cdia marciana que darían lugar a fosas tectónicas.

Pero a hipóteses máis destacada é a que se centra na acción de augas subterráneas, na Terra temos moitos exemplos diste fenómeno, como os pozos naturais de Yucatán (Cenotes), onde se poden observar pozos de auga cubertos polo derrubamento do teito de covas; esta teoría é a máis interesante xa que se se producira isto, os microorganismos puideron quedar protexidos das condicións extremas da superficie de Marte.

Por outro lado, independentemente da súa formación, estas cadeas de cráteres reflexan, unha vez máis, as numerosas semellanzas entre a xeoloxía de Marte e a Terra, que axudará a levar a cabo moitas outras misións e elaborar novos obxectivos.

Ademais, a existencia destas covas subterráneas, nun futuro, serviría de refuxio aos astronautas que exploren o Planeta Vermello xa que en Marte a radiación el unhas 250 veces máis intensa que na terra. Isto favorecería moito a investigación deste planeta, permitindo coñecelo máis e seguir buscando con máis profundidade a posible existencia de vida microbiana. 

http://www.youtube.com/watch?v=z4K0omjCErY

http://www.youtube.com/watch?v=SrbYqS0UrA4