Cranio en 3D

19 Abril 2014
cranio 3d

Unha paciente holandesa foi a primeira persoa do mundo en recibir unha prótese completa de cranio elaborada grazas a unha impresora en 3D e compatible co seu organismo.
A operación realizouse hai uns tres meses no Hospital Universitario de Holanda. A moza de tan só 22 anos padecía unha enfermidade que comprimía progresivamente o seu cerebro e lle provocaba grandes dores e afectaba á súa vida cotiá. Para evitar a progresión do trastorno e que se vise afectada a súa capacidade cerebral ou se deformase o seu rostro, un equipo, decidiu levar a cabo a técnica pioneira.
A intervención durou ao redor de 23 horas. Os neurociruxáns decidiron esperar a comprobar a evolución da paciente antes de facer pública a operación pero esta intervención foi un éxito e hoxe en día, a paciente recuperou as capacidades perdidas e mesmo puido reintregarse no seu traballo.
A técnica promete ser moi útil en cirurxía xa que permite realizar un modelo exacto ao orixinal. A través dunha resonancia magnética, obtense as dimensións 'naturais' e con eses parámetros imprímese en 3D unha prótese que encaixa á perfección. Neste caso utilizouse un plástico especial para uso médico.