Corpo humano. Unha granxa de bacterias
Sabemos que as bacterias son eses organismos unicelulares tan pequenos que nos resultan invisibles, que están por todas partes;
pero sabemos todos da súa importante presenza no corpo humano? Cada ser humano carga con arredor dun 1´5 Kg de bacterias enriba. Só no embigo hai unhas 50 especies de bacterias distintas.
As bacterias habitan no noso corpo e son importantes en moitas funcións vitais. Por exemplo axudan á dixestión de moitos alimentos e manteñen limpo o tubo dixestivo, tamén combaten algunhas bacterias dañinas do exterior.
As bacterias do noso intestino son as máis abundantes do noso corpo pois representan un 90% aproximadamente. Ao nacer non temos bacterias no corpo pero por medio da inxesta de alimentos pouco a pouco van poboando o noso intestino. Ademais da súa protección estas bacterias achegan vitaminas K e B12.
Non so posuímos moitas bacterias que resultan beneficiosas para nos senón que en moitos sentidos posibilitan a nosa vida e de perdelas, probablemente, morreriamos. Son polo tanto unha parte moi importante de nos mesmos e pechan connosco un círculo simbiótico formando un ecosistema.