A cor das estrelas

2 Marzo 2012
estrela-cor

Cando ollamos ao ceo se un non se fixa, non apreciamos as diferentes cores que amosan as estrelas. Mais, efectivamente ao ollar con detalle aprécianse estrelas multicores; cores provocadas pola natureza (efectos atmosféricos e temperatura) das estrelas.

As estrelas masivas consumen máis combustible nas súas reaccións nucleares e acadan temperaturas máis elevadas polo que emiten fotóns máis enerxéticos ao exterior producindo unha cor azul. Os fotóns menos enerxéticos producen unha cor vermella. Por iso podemos establecer unha relación entre a luminosidade, a temperatura e a cor das estrelas. Esta relación queda plasmada no diagrama que crearon Hertzsprung y Russell para a clasificación das estrellas, que por iso se chama "Diagrama H-R":

estrelas-cor

No diagrama pode observarse como as estrelas da dereita son de cor vermello alaranxado, mentres que as da esquerda van sendo amarelas, brancas e azuis. Cara arriba están as estrelas máis luminosas e as máis grandes.

Se nos fixamos nas estrelas normais ou da Secuencia Principal (esa especie de foi que atravesa diagonalmente o diagrama) clasifícanse en fíos chamados Tipos Espectrais: O, B, A, F, G, K, M, e  podemos dicir que as estrelas tipo M y K teñen a menor temperatura superficial, e por iso a súa cor  é vermella e laranxa. Subindo a temperatura cambia a súa cor segundo nos desprazamos cara ao tipo O. Co cal, cando ollamos cara ao ceo e diferenciamos a cor dunha estrela podemos deducir a temperatura e de que tipo é.