Construcción dunha maqueta de simulación de superficie planetaria

6 Xuño 2012
maqueta

O obxectivo da nosa actividade foi construír unha base para que uns robots que montamos con anterioridade puideran desprazarse pola maqueta e así reproducir unha parte moi importante da astronomía: a exploración dos planetas.

Para a montaxe da maqueta estivemos traballando toda unha mañá. Comezamos simulando montañas e creando un fondo espacial para ambientar ben o noso proxecto, e mesmo rematamos por elaborar un cráter con poliuretano e engadir outros detalles como pedras e area.

Non obstante, o relevo que creamos para a nosa maqueta resultou intransitable para os robots, e tivemos que alisar a superficie. Finalmente, puidemos ollar como o noso proxecto acadaba os obxectivos que fixamos ó comezo.

See video