Conséguese a clonación de células nai humanas
Como ben poden saber, neste último mes levouse a cabo nos Estados Unidos un descubrimento moi importante. Por primeira vez na historia, un grupo de científicos de diferentes países logrou clonar células nai. Ademais, temos o privilexio de dicir que unha das participantes é española, Nuria Martí Gutiérrez.
O experimento consistiu en clonar células nai a partir de embrións xa clonados, o que pode dar posibilidade a reparar danos de lesións ou enfermidades grazas a estas células. Este método é coñecido como transferencia nuclear, que foi o mesmo que se empregou coa famosa ovella Dolly.
Isto permitirá ós pacientes autotransplantarse tecido sen medo a un rexeitamento, posto que é o seu mesmo material xenético.
Ademais de todo o anterior, a clonación de células nai pode dar tamén lugar a coñecer cales son exactamente as causas concretas de cada enfermidade, cousa que beneficiaría a millóns de pacientes de todo o mundo que non teñen un tratamento específico.
Pero aínda así, os científicos non se conforman, seguen dicindo que este non é o fin á súa investigación, senón que isto non é máis que o principio. Soñan con conseguir que algún día todo o traballo que están realizando serva para rexenerar a médula ósea, combater o Párkinson, a esclerose múltiple, moitas enfermidades cardíacas e ata lesións de médula espiñal.
Oxalá todo isto que eles teñen en mente se chegue a cumprir algún día, porque todos lle están poñendo moitas ganas e empeño, sorte!