A conquista da cima do mundo
A primeira ascensión ao Everest, o cume máis alto do mundo, produciuse o 29 de maio de 1953, hai 59 anos, por Edmund Hillary e Tenzing Norgay.
O Everest é o cume máis alto do mundo con8.848 me sitúase no Himalaia.
Formouse hai 60 millóns de anos e debe o seu nome a Sir George Everest en 1865.
En Nepal é chamado Sagarmatha (a cabeza do ceo ) e en China é coñecido como Chomolugma (nai do Universo).
Hay unha parte chamada ''a zona da morte'' (por riba dos8.000 m) xa que fai moito frío, o xeo é moi esbaradizo e o vento vai a135 km/h. Debido á diminución da presión atmosférica a cantidade de osíxeno do aire redúcese nun tercio.
En 1953 unha expedición británica formada por nove escaladores e dirixida por John Hunt conseguiu con éxito chegar ao cume do Everest. O neocelandés Edmund Hillary e o sherpa do Nepal Tenzing Norgay puxeron os pés na cima do mundo o 29 de maio ás 11,30 da mañán.
Edmun Hillary naceu o 20 de julio de 1919. Foi un montañeiro, piloto, e explorador famoso por ser o primeiro que completou con éxito a ascensión ao Everest.
Durante a Segunda Guerra mundial foi membro da Real Forza Aérea Neozelandesa.
Formou parte dunha expedición ao Everest en 1951 que resultou un fracaso.
Tenzing Norgaynaceu en maio de 1914 e morreu en maio de 1986. Foi un guía nepalí que participou en numerosas expedicións ao Everest.