Congreso Xuvenil Internacional Oceántica 2014

As depuradoras de moluscos
12 Xuño 2014
depuradora

O seguinte vídeo é o traballo presentado por Ariadna Cordal, para participar na convocatoria deste ano do Congreso Xuvenil Internacional Oceántica 2014.

Este congreso internacional ten como obxectivo sensibilizar sobre dous dos grandes retos ambientais contemporáneos: a sustentabilidade nos sistemas oceánicos e costeiros e sobre o cambio global, dirixido a estudantes de sexto curso de Educación Primaria, ESO, Bacharelato, Ciclos Formativos e Universidade e niveis equivalentes en ensinos básicos e medias (≥12 anos) e superiores (≥18anos) doutros países, dando así continuidade á edición do curso pasado.