Congreso de estudantes OCEÁNTICA'13
Como en convocatorias anteriores, os traballos presentados nas distintas categorias (presentacións, reportaxes, banda deseñada, narracións...) teñen que someterse a unha dobre avaliación, por unha banda a un xurado seleccionado pola dirección do proxecto, por outra as votacións populares emitidas polos internautas a través das contas de facebook.
Por ese motivo, pregamos aos lectores de A Buxaina que visualicen os traballos dos alumnos do Asorey e, se así o consideran, os voten, sempre e cando teñan conta en facebook, e que os promovan entre os seus contactos. Para facilitar esta labor a continuación ofrecemos unha relación dos enlaces dos traballos desde os cales podedes velos e votar pulsando no botón de "me gusta" de facebook.
Cultivo de mexillón na Ría de Arousa
Curiosidades dos animais mariños
Exposición de mamíferos mariños no IES Asorey
Entrevista a Pedro Linares na Atlantic Workshop
Entrevista a Juan Pablo Montero na Atlantic Workshop
Entrevista Xavier Labandeira na Atlantic Workshop
Un exemplo de explotación sostible do mar
Itinerario paisaxístico por A Lanzada
Entrevista ao presidente da CEMMA
Distribución comarcal de produtos do mar
Entrevista ás mariscadoras de Cambados
Os autores dos traballos premiados serán agasallados con un Campus Ambiental no Albergue Xuvenil de Gandarío durante o mes de Agosto.
Animádeos a votar.