Confirmación da orixe do universo
A teoría máis coñecida sobre a orixe do Universo céntrase nun cataclismo cósmico sen igual na historia: o Big Bang. Esta teoría xurdiu da observación do afastamento a gran velocidade doutras galaxias respecta á nosa en tódalas direccións, coma se fosen repelidas por unha antigua forza explosiva.
Astrónomos do Centro de Astrofísica Harvard-Smithsoniano (CFA) anunciaron, o pasado luns día 17 de marzo, que detectaran por primeira vez as ondas de gravidade que percorreron o espazo xusto despois do Big Bang, un descubrimento histórico que consolida esta teoría da orixe do universo fai 14 mil millóns de anos.
Estes achados foron realizados coa axuda do BICEP2, un telescopio situado no Polo Sur que escanea o ceo en frecuencias de microondas, onde recolle a enerxía fósil do Big Bang.
A primeira observación destas ondas gravitatorias primordiais, previstas na teoría da relatividade de Albert Einstein, confirma a expansión extremadamente rápida do universo na primeira fracción de segundo da súa existencia, unha fase chamada inflación cósmica. Esta teoría foi enunciada inicialmente no 1979 polo físico estadounidense Alan Guth. Máis tarde o cosmólogo ruso Andrei Linde introduciu o que se deu en chamar “nova hipótese do universo inflacionario”.