Compostos anticancro elaborados por fungos

19 Xuño 2013
anticanceríxeno

Estructura dun dos compostos investigados

Hai algúns anos un equipo de investigadores do Instituto Tecnolóxico de Massachusetts (MIT), en Cambridge, Estados Unidos, foi o primeiro en sintetizar quimicamente un composto moi complexo derivado de fungos que amosou unha grande actividade anticanceríxena.

Este e outros compostos relacionados con el, están presentes nos fungos de forma natural en cantidades tan pequenas que foi difícil realizar un estudo  exhaustivo da súa actividade antitumoral.

Este estudo sería realizado pola MIT xunto coa Universidade de Illinois en Urbana-Champaign, Estados Unidos, que deseñaron e probaron máis de 60 compostos baseados nesa substancia química dos fungos, co obxectivo de probar a capacidade de cada composto para matar células cancerosas humanas.

Os resultados destes estudos, foron altamente satisfactorios, xa que se revelou que estes compostos parecen ser notablemente potentes.