Comidas de Entroido

Facemos filloas e tortiñas
3 Marzo 2011
lacón-filloas

Un dos costumes máis asentados en tempo de Entroido é o de comer e beber ben. Os pratos máis representativos son o lacón con grelos, o cocido con ourella, cachucha, chourizos ou androllas e gran variedade de postres entre os que destacan as filloas, as orellas e as flores.

Os principais ingredientes da laconada son o lacón (patas dianteiras do porco curadas), os grelos (brotes do nabo), chourizos e patacas, todo cocido.

O postre tradicional do Entroido máis común en Galicia son as filloas. As básicas fanse con fariña, auga e sal. Tamén se poden facer con auga de caldo ou con sangue. Ás veces engádellese ovos, azucre, ralladuras de limón ou laranxa, especies... O xeito tradicional de elaboralas é na pedra ou en filloeiras que se untan previamente con touciño. Agora tamén se fan en tixolas. Tómanse soas, como acompañamento do cocido ou como sobremesa. 

Aproveitando que é o ano da química fixemos filloas (sen lévedo) e tortiñas (cón lévedo) no laboratorio. Ao remate comémolas e estaban moi boas.

 

See video