Comida ao lixo

1 Febreiro 2013
super

A metade da comida que se produce no mundo acaba no lixo ou apodrecendo no campo. Máis do 30% dos 4.000 millóns de toneladas de alimentos nunca chegan aos nosos estómagos, segundo  nos conta un informe do “Instituto de Inxeñeiros Mecánicos” (IME).

«Se aos alimentos malgastados engadimos a auga derrochada nos cultivos e a enerxía desaproveitada no proceso, o custo é incalculable» advirte Tim Fox, responsable de enerxía e medio ambiente de IME. A crise fíxonos espertar á inmensidade deste problema», dicía recentemente Tristram Stuart,  quen é o impulsor da campaña ‘Feeding the 5.000′ e autor de ‘Despilfarro: el escándalo global de la comida’.

As malas prácticas agrícolas, o deficiente almacenamento e os problemas de distribución e transporte son as principais causas nos países en desenvolvemento. Nos países desenvolvidos, sen embargo, gran parte da culpa téñena os supermercados e os puntos de venta, coa súa severa política de caducidade, as súas «ofertas especiais», que fan comprar máis do necesario e a insistencia na «apariencia» dos produtos que obriga a malgastar gran parte das colleitas de froitas e vexetais.