Comeza o curso. De novo A Buxaina

7 Septembro 2013
buxainas

Comenzamos un novo curso e, despois dun mes de descanso, retomamos as edicións desta revista.

Seguimos co “Ano mundial para a cooperación na esfera da auga” e faremos máis traballos sobre este tema, que foi un dos eixos básicos deste ano 2013. Tamén temos por diante un gran proxecto, “O mundo do mar na ría de Arousa e en Cambados” no que traballaremos profesorado e alumnado de xeito interdisciplinar facendo saídas, experiencias de laboratorio, obradoiros, montaxes audiovisuais… para complementar coa nosa participación do gran proxecto da Universidade de Vigo “Oceántica”. Ademais recolleremos todas aquelas achegas que vaian xurdindo do traballo nas dístintas asignaturas ou da iniciativa e creatividade persoal de cada un de vos.

De novo aproveitamos para agradecer a colaboración a todos e todas e animarvos, un curso máis, a que sigades traballando neste proxecto.