Comercialización comarcal dos produtos do mar

7 Abril 2013
entrevista peixeiro

Para coñecer mellor o destino que seguen os peixes e mariscos desde a súa venda na lonxa ata que chegan ás vivendas dos nosos veciños e veciñas do Salnés para seren consumidos, imos entrevistar a “Pepe” Martínez Cacabelos.

Pepe é un peixeiro que fai un percorrido diario polas zonas rurais dalgúns concellos próximos, vendendo peixe e marisco adquirido na lonxa de Cambados. Hoxe coñeceremos mellor o seu traballo e comprobaremos como o seu labor facilita a adquisición dos produtos do mar por parte de moitas persoas que, doutro xeito, se verían obrigadas a realizar desprazamentos aos puntos de venda habituais deste tipo de produtos.

Comprenderemos, nesta entrevista, como o labor deste peixeiro non só axuda a activar a economía do sector do mar, sector primario máis importante do noso país, senón que ademais, esta é unha modalidade de venda moi ecolóxica pois supón un aforro xeral de combustibles fósiles ao evitarlle

peixeiro

aos seus clientes o gasto en desprazamentos e, como consecuencia, implica unha redución na contaminación xeral por CO2. Non esquezamos que un dos maiores problemas ambientais que está a sufrir o planeta é a contaminación atmosférica por CO2 debida, sobre todo, á utilización de combustibles fósiles para o transporte.

No vídeo que acompaña este artigo, Cristina e Sonia Porto, alumnas de 1º de bacharelato do IES Francisco Asorey, entrevistan ao peixeiro “Pepe” Martínez Cacabelos.