Cogomelos galegos para tratar o cancro
Varias clínicas de España, Francia e Portugal están usando cogomelos ecolóxicos producidos en Galicia como axuda en tratamentos contra o cancro e outras enfermidades.
O extracto de algúns fungos, como o reishi ou o champiñón do sol permiten contrarrestar efectos secundarios dos tratamentos de radioterapia e quimioterapia como as náuseas ou as dores musculares. Outros fungos son empregados por deportistas para estimular a osixenación do sangue. Tamén se están facendo probas para tratar a fibromialxia e outras enfermidades neurolóxicas.
A empresa galega Hifas da Terra é pioneira no cultivo e elaboración de extractos dalgúns destes fungos e está levando a cabo importantes investigacións.
Algúns fungos medicinais:
-Cola de pavo (Trametes versicolor). É un cogomelo que vive sobre toros das árbores. É o máis usado en ensaios médicos de todos os cogomelos medicinais e emprégase en tratamentos contra o cancro.-Champiñón do sol (Agaricus blazei Murrill). Orixinario de Brasil. Moi cultivado polas súas aplicacións medicinais. Úsase como estimulante do sistema inmunolóxico e para tratar o cancro.
-Melena de león(Hericium erinaceus): un fungo moi raro, moi valorado para comer. Moi empregado da medicina tradicional chinesa. De efectos antioxidantes.