Un cogomelo único no mundo descuberto en Cerdedo

7 Xaneiro 2015
Romaria cerdedensis

As carballeiras de Cabenca, un lugar do concello de Cerdedo acollen un pequeno tesouro natural, a Romaria cerdedensis, un cogomelo ata agora exclusivo e descuberto neses bosques.

Este cogomelo foi vista por primeira vez o pasado ano nesta época e “aínda se poden ver moitos, xa que é unha especie bastante tardía, que asoma nos meses de novembro e decembro”. O seu descubridor, Jaime Blanco, enxeñeiro agrónomo e profesor de micoloxía na Escola de Formación e Capacitación Agroforestal de Lourizán, asegurou que que estes achados “fanse de casualidade”. A primeira vez que a viu chamoulle a atención, despois consultou a bibliografía e fixo un estudo de microscopía para confirmar que esa especie era única.

A Romaria cerdedensis, aínda que é a única no mundo, é bastante frecuente atopala pola zona de Cabenca nos tocóns dos carballos.