Coches eléctricos no Asorey

Charla sobre vehículos eficientes
9 Decembro 2012
Semana Ciencia 2012-

Con motivo da celebración da Semana da Ciencia, adicada este ano ás enerxías sostibles o venres 8 de novembro tivemos unha charla sobre Vehículos eficientes, para o que contamos coa presenza de Manuel Díaz Fernández, educador, responsable da área de Divulgación do Parque Eólico Experimental de Sotavento, onde se está a desenvolver un interesante traballo neste campo. Asistiron alumnos e alumnas maiores (2º de Bacharelato e Ciclos de Formación Profesional de Electrónica e Administración).

Como complemento fíxose unha exposición-demostración de distintos tipos de vehículos eléctricos: bicicleta, coches...

Para poder levar a cabo esta actividade contamos coa colaboración de dous concesionarios da comarca: Citren e Renault, que nos cederon varios vehículos eléctricos pra expoñer e probar, e aos que aproveitamos para dar as grazas.

Coches eléctricos no Asorey 1
http://youtu.be/pSjBO0B5i78
See video
See video