A cobra de colar no esteiro do Umia

9 Marzo 2013
cobra colar

A cobra de colar (Natix natrix) é una serpe semiacuática moi común nas zonas húmidas galegas.

As fotos que acompañan este texto son dun pequeno exemplar  localizado, hai uns días, en Castrelo preto do esteiro do Umia. Esta serpe aliméntase sobre todo de anfibios (ras e tritóns) e peixes polo que ten moita tendencia a vivir nas zonas anegadas.

É unha serpe que normalmente non sobrepasa o metro de lonxitude, aínda que hai femias que poden chegar aos dous metros. O exemplares mozos, como o de Castrelo, teñen un colar branco amarelento que lle irá desaparecendo cando se faga adulto. Non son velenosas e fan a súa actividade polo día. Cando se moven son torpes, polo que é doado collelas e non adoitan morder.  Agora si, cando se sente asustada, pode baleirar unha glándula anal que produce un cheiro moi desagradable.

As súas principais ameazas son os atropelos nas estradas, que as mate a xente cando as ve ou tamén a destrución dos humidais onde viven.