Cintas aliviantes

6 Xuño 2011
Cintas aliviantes

A vendaxe neuromuscular ou Kinesiotape naceu nos anos 70 en Asia, sobre todo no Xapón e Corea. Actualmente é una ferramenta moi estendida en fisioterapia e rehabilitación, destacando a súa utilización no ámbito da medicina deportiva.

Trátase dunhas cintas elásticas de algodón, cunha capa de pegamento resistente á auga. Ademais estas cintas imitan as propiedades da pel, protexen da dor é a súa finalidade é o tratamento de lesións musculares, pero tamén de problemas articulares, neurolóxicos e ligamentosos.

O uso das tiras de Kinesiotape realízase pegándoas sobre a pel do músculo lesionado que se atopa inflamado e ten menos espazo provocando dor ao paciente. Con iso conséguese levantar a pel separándoa do músculo e creando máis espazo, conseguindo aliviar a dor rapidamente e mellorar a drenaxe linfática, para expulsar produtos de desfeito derivados da lesión. Os médicos utilizan esta técnica terapéutica en lesións musculares superficiais, non graves.

Todas as vendaxes derivadas deste método caracterízanse por permitir ao deportista unha mobilidade completa, ao tempo que protexen a articulación do músculo lesionado. Esta vendaxe permite ao deportista o desenvolvemento da actividade achegando un reforzo dende o punto de vista funcional.

En canto ás chamativas cores, teñen o seu sentido máis alá de conxuntar coa equipaxe, xa que actúan como un espello para a pel, uns reflicten a calor e outros o frío (cromoterapia). Hai que ter en conta que debe ser colocado por un profesional que  obtivese o título para o seu bo uso.

See video