Científicos españois contra a esclerose múltiple

31 Marzo 2013
Scanner esclérose múltiple

Tras anos de investigación e estudos, a molécula para o tratamento da esclerose múltiple chegou a fase clínica. A esclerose múltiple é unha enfermidade que consiste na aparición de lesións crónicas e dexenerativas no sistema nervioso central. Os estudos comezaron no ano 2010, tras a fundación de Neurotec Pharma, un grupo de estudantes de Neuroquímica da Facultade de Medicina da Universidade de Barcelona.

O fármaco producido, de nome NT-KO-003, contrariamente a outros medicamentos que se utilizan para este fin, que son inmunomoduladores, xa que únicamente se aseguran que as defensas non ataquen ás neuronas; este é un  antiinflamatorio e un neuroprotector do sistema nervioso central. Adminístrase por vía oral, e ademais é importante destacar que é o segundo fármaco desenvolto por equipos universitarios españois que consegue chegar tan lonxe, ata fase clínica.

Laboratorio

O feito de que o NT-KO-003 tivera chegado tan rápido a fase clínica débese a que este medicamento xa fora utilizado para tratar outro tipo de enfermidades de tipo pancreático e cardiolóxico. Como xa se coñecía o efecto e a seguridade do produto, aforrouse tempo e custo na investigación, dado que soamente se comprobou o seu aporte para mellorar a esclerose múltiple.

O fármaco está destinado ao tratamento da esclerose múltiple recorrente e para fases profresivas desta. Actualmente o medicamento está sendo utilizado por 100 pacientes en 14 hospitais españois e 4 alemáns. En agosto do 2013 cerrarase o estudo clínico e obteranse resultados da proba aproximadamente dous meses despois.