As cidades veleno
Guiyu Town é unha cidade que se atopa na provincia de Guangong, no suroeste de China, e está considerada como unha das cidades máis contaminadas do planeta. De ahí que moitos lle chamen a cidade veleno.
Guiyu é o maior centro de ‘reciclaxe’ do mundo. Van a parar millóns de toneladas de lixo electrónico alí. Concretamente 50 millóns de toneladas, e máis do 80% procede de países como EEUU, Canadá, Xapón e Corea do Sur, aos que lle sae moito máis económico exportar os seus desperdicios a países que se atopan en vías de desenvolvemento como China, que desfacerse deles no seu país, xa que os prezoa de reciclaxe e eliminación son moi custosos debido ás extrictas normas de seguridade. Mentres que en Guiyu as normas de seguridade e ecoloxía son mínimas por non dicir inexistentes.
Os traballadores das fábricas realizan o seu traballo en condicións infrahumanas , están continuamente manipulando ácidos e metais tóxicos sen utilizar máscaras, guantes, ou calquera tipo de mecanismo de seguridade, ademais os nenos tamén traballan nestes talleres, e a exposición continua ós produtos tóxicos ocasiona enfermidades de todo tipo como: migrañas, vértixes, náuseas, gastrites crónicas, úlceras, irritacións cutáneas…
Guiyu comezou a recibir residuos en 1995; isto foi unha atracción para miles de campesiños que vían neste traballo unha posibilidade de incrementar os seus ingresos e mellor as súas condicións de vida, máis de 200.000 inmigrantes chegaron a Guiyu nos últimos anos. Pero a realidade é totalmente distinta. O salario medio actual de calquera traballador é de tres euros ó día.
Na cidade atópanse máis de 5.500 empresas de chatarrería electrónica, que procesan un millón e medio de toneladas de desfeitos ó ano e ingresan máis de 75 millóns de dólares. Estas empresas tiran á auga todo o material sobrante das conversións das tarxetas e circuítos de ordenadores e demais aparellos electrónicos, así como cinzas. Isto fixo que a auga de Guiyu e dos arredores esté altamente contaminada (un estudo clandestino de Greenpeace recolleu mostras do río de Lianjian e arredores e a cantidade de chumbo superaba 190 veces a permitida pola OMS) isto fai que camións cargados de auga potable dende poboacións situadas a certa distancia sexan a única solución de abastecer ós habitantes da cidade.
Debido a contaminación os nenos presentan un índice de intoxicación por chumbo dun 69 %. Ademais duns índices de intelixencia algo inferiores á media nacional, algo verdadeiramente preocupante.