Chuvia de estrelas fugaces

5 Septembro 2011
Perseidas

A noite do 11 de agosto de cada ano prodúcese un espectáculo no ceo, unha chuvia de estrelas fugaces ou meteoros coñecida co nome de Perseidas, por radiar desa constelación, ou Bágoas de San Lourenzo, por coíncidir coa festividade dese santo.

A orixe deste fenómeno é o cometa 109P/Suift-Tuttle, descuberto por Lewis Swift e Horace Parnell Tutlle o 19 de xullo de 1862. Ten un diámetro de9,7 kme a súa órbita arrdor do sol ten un período de 135 anos. A súa última aparición foi en 1992. Aínda que se atopa alonxado da Terra, máis alá da órbita de Urano, unha cola de restos do cometa esténdese a través de todo o camiño de regreso á Terra.

As Perseidas actúan entre o 16 de xullo e o 24 de agosto e o día de máis actividade é na noite do 11 ao 12. Calcúlase que caen 50 meteoros por hora.

O mellor momento para observalos e nas horas de escuridade, e convén elexir lugares sen contaminación lumínica. Só se observan ben no hemisferio norte.

O mal tempo deste ano fixo dificil que gozáramos deste espectáculo. Haberá que esperar ata o ano próximo a ver se hai máis sorte.