Chris Hadfield, astronauta canadense

1 Xullo 2013
Chris Hadfield

Ao laongo da carreira aeroespacial non houbo ningún astronauta que achegase o espazo a cada fogar como o fixo o canadense de 53 anos Chris Hadfield.

Este intrépido piloto canadense fíxose famoso polos seus numerosos vídeos e comentarios en Twitter onde falaba da vida nunha estación espacial contando cousas, tan comúns pero descoñecidas, como a forma de durmir ou como facer exercicio físico.

Hadfield cultivou dende pequeño o gusto polas alturas xa que na súa familia o seu pai e iremáns estaban nas forzas aéreas e, pese a non existir un programa espacial canadense na súa época, traballou duro para conseguir entrar no programa americano.

Hai tres anos foi elixido para comandar a Estación Espacial Internacional e, ó tempo que iniciaba o seu adestramento previo á viaxe, empezou unha campaña de divulgación polas redes sociais e por YouTube para volver a captar a atención do mundo cara o espazo.

Hadfield despegou dende Kazajistan na nave Soyuz e tras unha etapa espacial chea de fotografías tomadas dende a estación e videos respondendo a inxente cantidade de preguntas que o astronauta recibía voltou á terra cos seus compañeiros o pasado 14 de mayo.

Chris Hadfield 1

O seu balance é positivo: un dos poucos homes que estiveron no espacio, e ademais tres veces, o primeiro canadense que comanda a Estación Espacial Internacional, a creación dunha axencia espacial Canadense, a CSA, cun seguimento masivo nas redes sociales e a pertinente aportación con experimentos realizados nas condicións de gravidade do espazo que axudarán no futuro a axilizar o proceso de análise sanguíneo.

Estas son algunas das fazañas do astronauta Chris Hadfield, pero a máis importante, sen comparación, foi achegar o mundo máis alá da nosa atmosfera a un público moi variado e despertar na xuventude o desexo por viaxar máis alá do noso planeta.