Chernobil, 25 anos despois

4 Maio 2011
Chernobil

O 26 de Abril de 1986 en Ucraína, prodúcese o maior accidente nuclear coñecido ata o momento.

O reactor número 4 da central nuclear de Chernobyl, 90 minutos despois de decidir reduci-la potencia do xerador para iniciar un test no circuíto de refrixeración, unhas fallas no sistema de control, a perigosa desactivación do sistema de seguridade (por requerimentos do test) e a mala actuación dos operadores ante a emerxencia, desatan a catástrofe.

Dous minutos despois de iniciarse unha incontrolada nube de vapor no núcleo do reactor, queda fóra de control: estalan, debido a unha sobrepresión, os condutos de alimentación e a coraza protectora de grafito do núcleo, provocando un enorme incendio e a expulsión ao exterior de 8 toneladas de combustible radiactivo, cunha media de 30 anos de desintegración, despois dunha dobre explosión que destrúe o teito da planta.

As consecuencias desta catástrofe afectaron a uns 5 millóns de habitantes da área, así como tamén se viu contaminada parte de Bielorrusia, Rusia e rexións de Polonia, República Checa e Alemania. As brigadas especializadas sofocaron os incendios e neutralizaron o núcleo do reactor botando toneladas de químicos e area dende helicópteros. Inicialmente, esta ecatombe foi disimulada por Rusia, pero transcende ao propagarse a radiación por toda Europa, polo que se piden explicacións. Evacúanse as poboacións máis próxima á planta, e a produción agrícola e gandeira debía ser destruída.

Quince anos máis tarde, a avaliación de vítimas totais por parte de diversas ONG’s ascendía a 20,000 mortos ou con prognóstico de diferentes cancros. Estes datos seguen sendo descalificados anos despois, xa que se alega que estes resultados son debidos a trastornos preexistentes.
Vintecinco anos despois, hoxe, un informe da ONU dá respostas definitivas sobre os seus alcances.

Credes que foi unha situación similar á vivida hai uns meses en Xapón?