Chegou a primavera

6 Abril 2011
primavera1

A primavera é unha das catro estacións da zona temperada, a transición entre o inverno e o verán. Comeza no equinocio (entre o 20 e o 21 de marzo), marcado polo momento en que o Sol, no seu movemento aparente cara ao norte, cruza o Ecuador. A duración do día e a noite coínciden.

Ao longo desta primavera poderanse ver dous eclipse. O día 1 de xuño un eclipse parcial de Sol será visible no leste de Asia e no norte de Europa e Norteamérica. O 15 de xuño haberá un eclipse total de Lúa que se poderá ver na costa mediterránea de España e nas illas Baleares. No resto da Península verase parcialmente.

As lúas cheas poderanse ver o 18 de abri, o 17 de maio e o 15 de xuño. No mencer poderanse ver Venus, Marte, Xúpiter e Urano. Ademais, o 3 de abril haberá un achegamento entre Saturno e a Terra.

Na primavera os día medran, de maneira que xa non se fai de noite tan cedo. Ademais, co cambio de hora aínda se retrasa máis a noite.

Volven a nacer as follas e as plantas florecen polo que enchen a paisaxe de cor. Os paxaros fan niños para criar. Os insectos voan de flor en flor e as abellas usan o pole para facer mel nas súas colmeas. Tamén é a época da sementeira, póñense as patacas, seméntase o millo, os chícharos, as xudías e moitas outras hortalizas.

Algunhas persoas están de mellor humor e visten de cores máis alegres.

Pola contra, para outra xente, a primavera non ten cousas positivas. Dise que aos adolescentes se lle alteran as hormonas. As persoas que son alérxicas ao pole pásano mal, xa que teñen os ollos chorosos, esbirran moito e cústalles respirar.

primavera
See video