Chasing Ice (Perseguindo o xeo)

Evidencias do cambio climático
24 Marzo 2013
Chaising ice

Casualmente chegou a nós un video sobre esta película documental que trata do tema do cambio climático combinando o enfoque científico e artístico. Imaxes espectaculares de glaciares desmoronándose no mar e secuencias de tempo que amosan o impresionante retroceso que están a sufrir nos últimos anos.

Chasing Ice (persiguiendo o xeo)  é unha película documental dirixida por Jeff Orlowski.
O protagonista é James Balog, fotógrafo de National Geographic, quen consegue as imaxes máis fermosas do desxeo ubicando cámaras de alta tecnoloxía en lugares de todo el mundo estratéxicamente escollidos. Hai secuencias elaboradas coa técnica de time-lapse que revelan como avanza o desxeo de forma dramática.

A pelicula pode axudar a comprender mellor o fenómeno do quecemento global e do cambio climático. Podemos percibir a destrución do planeta, o futuro que nos espera se non actuamos.

FICHA DA PELÍCULA: “CHASING ICE”

ANO: 2012

DURACIÓN: 74 minutos

DIRECTOR:  Jeff Orlowsky

GUIÓN: Mark Monroe

MÚSICA: J. Ralph

Reparto: James Balog, Svalvar Jonatansson, Adam LeWinter, Jeff Orlowski

PRODUCIÓN: Coproducción USA-Bolivia-Canadá-Francia-Groenlandia-Islandia-Italia; Exposure

PREMIOS: Festival de Sundance: Mellor fotografía en documental (2012). Satellite Awards: Mellor longametraxe documental. Nominada como mellor canción orixinal (Oscar 2013). 

Charla de James Balog Tráiles de película