Charles Darwin
Charles Robert Darwin nace o 12 de febreiro de 1809 en Shrewsbury (Reino Unido).
En 1825 comenza a estudar Mediciña na Universidad de Edimburgo. Relaciónase con Robert Grant, e coñece as ideas evolucionistas enunciadas polo naturalista francés Lamarck.
Máis tarde o seu pai obrígao a estudar Teoloxía en Cambridge e aproveita para aprender botánica con J.Stevens Henslow e xeología con Adam Sedgwick.
Henslow propúxoo para realizar unha viaxe de circunnavegación polas costas sudamericanas e illas do Pacífico para facer traballos de hidrografía e medidas cronométricas.
A viaxe do Beagle
Embarca o 27 de decembro de 1831 e realiza unha viaxe de case cinco anos, ata o 2 de octubre de 1836. Consolida as súas cualidades como naturalista de campo reunindo multitude de datos, evidencias e observacións sobre fauna e flora e fenómenos xeolóxicos, que constituíron os elementos esenciais para o seu posterior traballo teórico sobre a orixe das especies.
Destaca a estancia nas Illas Galápagos.
Á volta instálase en Cambridge, e despois en Londres. Casa con Emma Wedgwood e uns anos máis tarde trasládase a Down, onde vive ata o 19 de Abril de 1882.
Desde 1837 adícase a investigar e escribir cadernos de notas, nos que recolle as evidencias que lle permitirán reflexionar e discutir sobre a cuestión da orixen das especies. As ideas de Malthus sobre o equilibrio das poboacions humanas déronlle a pista sobre o mecanismo que rixe o fenómeno evolutivo: A Selección Natural, basada na supervivencia dos máis aptos. En 1838 Darwin xa tiña perfilada a súa teoría da evolución, pero non a publicou ata 1858, cando soubo que o tamén naturalista Alfred Russel Wallace chegara a unhas conclusións semellantes.
O 24 de novembro de 1859 publica "Da orixe das especies por medio da selección natural, ou a preservación das razas favorecidas na loita pola existencia". A primeira edición esgotouse o mesmo día e en vida de Darwin fixéronse seis máis.
Arredor de 1877, a pesar da oposición dalgúns sectores reaccionarios da sociedade, a teoría da Evolución de Darwin conseguira a aceptación da maioría da comunidade científica, co que acadou numerosos recoñecementos e distincións e pasou a formar parte das máis ilustres sociedades científicas da época.
PUBLICACIÓNS:
1839: "Diario de investigacións" sobre a súa viaxe no Beagle
1842 "Estructura e distribución dos arrecifes de coral"
1846 "Observacións Xeolóxicas en América do sur"
1851:"Monografía sobre os Cirrípedos" (I)
1852:"Monografía sobre os Cirrípedos" (II)
1859:"Da orixe das especies por medio da selección natural,
1862: "Fertilización das orquídeas"
1868: "Variación de animais e plantas baixo domesticación"
1871: "A orixe do home"
1872: "A expresión das emocións no home e nos animais"
1875:"As plantas insectívoras"
1875:"Sobre os movemeentos e costumes das plantas trepadoras",
1876:"Os efectos da autofertilización e da fertilización cruzada no reino vexetal"
1877: "As diferentes formas das flores",
1879: "Vida de Erasmus Darwin"
1880: "O poder do movemento das plantas"
1881:"A formación do mantillo vexetal pola acción das miñocas"
Charles Darwin é unha das personalidades que máis representaron para o avance da ciencia na historia da Humanidade, os seus estudos sobre a Evolución e, sobre todo, o descubremento da Selección Natural, marcaron o novo rumbo da Bioloxía.