Charla de Pablo Dopazo no Asorey

Aproximación aos instrumentos de vento-metal
2 Xaneiro 2014
Pablo Dopazo-IES Asorey1

O mércores 18 de decembro, Pablo Dopazo Gondar, un ex alumno do noso centro e actualmente profesor de música, deunos unha charla moi práctica sobre os distintos tipos de instrumentos de vento-metal.

Ensinounos como funcionan os distintos tipos de intrumentos, púxonos videos con exemplos e incluso deixou que agúns probasen a tocar.

Au rematar a charla fixémoslle unha entrevista.

Pablo Dopazo Gondar é de Castrelo (Cambados). Comezou a súa actividade musical na Banda de Música de Castrelo. Obtivo o Título Profesional de Tuba con Premio Extraordinario Fin de Grado no conservatorio Profesional de Pontevedra e Licenciouse en Música, na especialidade de tuba, no Conservatorio Superior de Música do Principado de Asturias, con Matrícula de Honrra e premio extraordinario de Fin de Carreira. No 2011 realiza estudos no Conservatorio National Supérieur de Musique et Dance de Lyon (Francia).

O seu interese polo mundo do bombardino e a tuba levouno a profundizar os seus estudos con recoñecidos profesores e solistas de todo o mundo: Rex Martin (Northwestern University Chicago), Stéphane Labeyrie (Orchestre de París), Arnaud Boukhitine (Ensemble Intercontemporain), JensBjorn Larsen (Hochschule für Musik Theater un Medien Hannover), Sergio Finca (Spanish Brass Luur Metalis), Perry Oogendijk (Royal Concertgebouw Orchestra), Steven Hokazono (Japan Air Self Defense Fortce Central Band), Michel Godard (Conservatoire National Supérieur de Musique et Danse de París), Jesper Boile Nielsen (Orquesta Sinfónica de Galicia), Alberto Póns (Banda Sinfónica Municipal de Madrid). Mención especial merece o mestre Mel Culbertson, co que tivo a ocasión de traballar ao longo de oito anos en contínuos encontros musicais.

Pablo Dopazo-IES Asorey

ACTUACIÓNS:

Orquesta Xove da Sinfónica de Galicia, Banda da Ferderación Galega de Bandas de Música, Banda de Tubas de Galicia, Keep in Touch Tuba Projet, Banda de Música de Pontevedra, Banda de Música de Oviedo, Banda de Música Municipal de Lugo, Xove Orquesta Sinfónica do Principado de Asturias, NJO (National Youth Orchestra of the Netherlands), EUYWO (European Unión Youth Orchesta). Traballou con directores como José Rafael Pascual Vilaplana, Marcel Van Bree, Javier Viceiro Filgueira, Pietro Rizzo, Johan de Meij, Salvador Sebastián López, Jan Cober, Juanjo Guillem, Lorrenç Barber ou Juan Lois Diéguez. Actuou como solista en concertos e recitais en España (Pontevedra, Santiago de Compostela, A Coruña, Giijón, Murcia. Valencia Madris (, Estados Unidos (Chicago), Francia (Lyon) ou Suíza.

Impartiu master class de tuba e bombardino en Chicago, Alicante, Santiago de Compostela, Pontevedra, Lugo…

Colaborou co IGAEM (Instituto Galego de Artes Escénicas e Musicais) na produción da obra Illa Reunión; na banda sonora do documental O Novo Circo, de Pera del Álamo; na grabación do disco Cloud Factory con Johan de Meij, e no disco Chromatike de música electroacústica.

Publicou o video musical EnfrentaDos (2012) no que interpreta obras de Stockhausen e Bach ao bombardino e realizou o proxecto de investigación In Freundschaft: unha aproximación á composición por fórmula (2012).

Actualmente desenvolve o seu traballo como profesor na Escola Municipal de Música de Santiago de Compostela e na Escola Municipal de Música de Sanxenxo, á vez que estuda un Master en Formación do Profesorado e Dirección de Banda co mestre José Rafael Pascual-Vilaplana.