Charcas con vida no Asorey

9 Outubro 2013
Estanque-4

O noso centro vai a participar, este ano,  no proxecto de ADEGA, ¨Charcas con Vida¨, razón pola que nos visitou Lucía, unha voluntaria desta asociación ecoloxista, que nos preparou para formar parte da rede de estudo e protección das charcas galegas.

Na definición de charca en wikipedia di que unha acumulación de auga estancada máis grande ca un charco e máis pequeno ca un lago.

Charcas con vida é unha iniciativa desenvolta por ADEGA, no que colabora tamén a Fundación Biodiversidade, do Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente e realízase en convenio co CIBIO (Centro de Investigación en Biodiversidade e Recursos Genéticos de Portugal).

ADEGA (Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galicia) traballa dende os seus comezos en distintos planos complementarios, con accións públicas de reivindicación, mobiliciación e denuncia, mais a divulgación e educación ambiental son ferramentas básicas coas que desenvolve o seu traballo.

A equipa da Educación ambiental de ADEGA coordina diferentes proxectos cos que pretende mudar e concienciar á cidadanía de que a conservación da natureza é unha cuestión de todas e todos xa que os problemas aos que nos enfrontamos son socio-ambientais.

Tamén existe unha asociación, EPCN (European Pond Conservation Network) que se dedica a conservar as charcas de todo Europa.

Na aula, Lucía contounos  que as charcas varían en superficie, en profundidade, teñen tamén variacións do nivel da auga, poder ser naturais ou artificiais e están situadas en todas as rexións do mundo.

Teñen gran importancia para o ser humano: auga (representa o 30% da auga do mundo), biodiversidade (acollen especies en perigo,  endémicas ou escasas), intereses culturais e sociais e beneficios ecosistemáticos (aprovisionamento, regulación, apoio  e cultural).

As charcas están moi ameazadas  debido a que non se lle da a importancia que teñen. Como consecuencia están ameazadas por especies invasoras, recheos  para a aproveitalas na agricultura e por utilizadas para vertedoiros.

Existen propostas para protexer as charcas e que se basean en concienciar a políticos  para que creen leis e que potencien a investigación e o seguimento para defender os valores das charcas. Outra das propostas  consisten na  comunicación e concienciación para protexer as charcas e melloralas.

Xa no estanque do centro

Estanque-4-a

Nesta mañá lúdica, tivemos unha guía (Lucía de ADEGA) que nos ensinou a coñecer a fauna e a flora da nosa charca, que resultou ser un estanque pouco rico en biodiversidade xa que non había demasiadas especies de animais e plantas, nin insectos. Mediante uns tubos de ensaio e unhas pílulas conseguimos medir o nivel de PH e o de nitratos da auga, ademais, da turbidez de dita auga.

Logo, cun truel, a nosa guía Lucia conseguiu coller unha larva de cabaliño do demo e máis un carpín. Vímonos con ansias de probar e ao longo de abondosos intentos conseguimos coller terra e plantas.

Documentamos todo nunha ficha técnica sobre o noso estanque, onde escribimos as medidas a profundidade da auga media e a máis profunda.

A clasificación do noso estanque sería de tipo ornamental, xa que é artificial e construído polos propios alumnos do centro nos anos 97-99, cun fin pedagóxico. Cada ano os novos cursos documentan os animais e as plantas, e grazas a iso, temos un gran ficheiro da biodiversidade do noso estanque.