Charcas con Vida: eliminación de especies invasoras (carpíns)

31 Outubro 2013
carpíns

O xoves, día 10 de outubro, seguimos co proxecto no que estamos a participar, chamado "Charcas con Vida".

No primeiro control que fixemos do noso estanque vimos unha biodiversidade moi pobre, practicamente non había invertebrados acuáticos. A monitora do proxecto (Lucía, de ADEGA),  díxonos que non había biodiversidade acuática pola presenza dos carpíns e tartarugas xa que son especies invasoras e depredadoras.

Como decidimos eliminar os carpíns, o primeiro que fixemos foi reunirnos no laboratorio de ciencias para montar os trueiros. Tamén levamos para o estanque bandexas de plástico e recipentes de vidro para almacenar os peixes, provisionalmente, xa que despois os levaríamos para un acuario grande. Enchemos o acuario de auga, e botámoslle anacos e migas de pan que collemos na cafetería, para alimentar ós peixes.

Unha vez no estanque repartimos o traballo: Alejandra, Ana, Julia e María sacarían fotos e grabarían vídeos; os dous Adriáns e Ulises colleron peixes; e Marta e Alexander tomarían notas para despois escribir este artigo.

A continuación comezamos a recollida  dos peixes. Ao comezo foi doado coller os exemplares e como os peixes estaban lonxe, un dos nosos compañeiros descalzouse e meteuse no estanque. A captura foi moi efectiva pero despois dun tempo traballando o estanque alodouse e non puidemos coller os peixes que nos quedaban e decidimos deixalos para o seguinte día.

Despois de dous días de captura, os peixes foron levados para a casa por algúns alumnos/as e profesores/as do centro, xa que collemos uns 70 aproximadamente.

Máis adiante temos pensado facer un control para ver se aumenta a biodiversidade e no futuro temos planificado eliminar as tartarugas de Florida.