Cen anos do Titanic

3 Maio 2012
Titanic

 

O 14 de abril cúmplense cen anos do naufraxio máis famoso da historia, o afundimento do Titanic na súa viaxe inaugural a través do Océano Atlántico Norte.

O RMS Titánic foi un trasatlántico construído en Irlanda. Era o segundo dun trío de trasatlánticos de clase Olympic. Os barcos foron o RMS Olympic, o RMS Titanic e o RMS Britanic. O RMS Britanic foi botado no principio da 2ª Guerra Mundial e aínda que nunca fixo o servizo comercial na guerra fixo de buque-hospital.

O naufraxiou produciuse, cinco días despois de Zarpar de Southampton (Reino Unido), na noite do 14 ao 15 de abril de 1912 ao colisionar cun iceberg (masa de xeo desprendido dun glaciar). Morreron máis de 1.500 persoas e só se recolleron 300 corpos no mar. 

Titanic1

Algunhas curiosidades:

-O Titanic non era o buque máis grande da súa época, pois tiña outro igual, o RMS Olimpic. Os dous foron os máis grandes ata 1913.

-Os botes de salvamento eran insuficientes, quedaron sen praza 1.022 persoas.

-O iceberg foi avistado a só 500-600 m de distancia porque os vixías non levaban prismáticos (esquecéranse en en Southampton). Isto deu menos tempo de manobra (só 45 a 60 segundos).

-Ao dar marcha atrás ao barco perdeu capacidade de manobra o que favoreceu o choque co iceberg.

-O iceberg que chocou co Titanic era máis alto que a ponte do barco e bateu co costado abrindo 6 brechas que en total formaban100 mde fendeduras con cinco compartimentos abertos.

-O do Titanic non foi o maior naufraxio da historia. O buque alemán Wilhelm Gustloff foi afundido por un torpedo a finais da Segunda Guerra Mundial, o 31 de xaneiro de 1945. Ía cargado de refuxiados da guerra e calcúlase que morreron 8.800 persoas.

bacteria Titanic

Halomonas titanicae

-Os restos do Titanic foron localizados o 1 de setembro de 1985 por unha expedición franco-americana dirixida por Jean-Louis Michel do IFREMER e polo Dr Robert Ballard da Institución Oceanográfica de Woods Hole a unha profundidade de 4.000 ma 625 kmde Terranova. Comprobaron que o casco estaba partido en dúas partes separadas entre sí 600 m. Máis adiante houbo máis expedicións que rescataron numerosos obxectos que se empregaron para facer exposicións e exhibir en museos.

-En 2010 un equipo de investigadores descubriu unha bacteria que se apega ás estruturas de ferro oxidado e chamáronlle Halomonas titanicae.

-O Titanic protagonizou numerosas historia e películas. Unha das máis famoso foi a de James Cameron, estreada en 1997 e que acadou 11 Óscar. Cameron tamén dirixiu un documental Ghosts of the Abyss en 2001

-TITANIC:

46.328 t de rexistro bruto

Eslora: 269,06 m

Manga: 28,19 m

Puntal: 53,3 m

Titanic-2

Potencia máxima: 59.000 CV

Velocidade máxima: 23 nós (43 km/h)

Tripulación: 860 persoas

Capacidade: 3.547 (pasaxeiros e tripulación)