Por que as cebolas nos fan chorar?

29 Maio 2013
cebolas

As cebolas son plantas herbáceas pertencentes a familia das amarilidáceas. Ao nacer, van  absorbendo xofre do solo que logo se dispersa na súa composición.

Cando cortamos ou pelamos a cebola, estamos rompendo as súas células e, como consecuencia, estes compostos químicos dispersos no seu interior, como o xofre, despréndense e sofren unha reacción química que os transforma en moléculas sulfuradas máis volátiles que son liberadas ao aire.

Estes compostos sulfurados reaccionan coa humidade dos nosos ollos formando cantidades moi pequenas de ácido sulfúrico, un ácido nocivo que en cantidades moito máis grandes sería moi perigoso, que produce como unha sensación de ardor. As terminacións nerviosas dos nosos ollos son moi sensibles, polo que detectan esta irritación e o cerebro reacciona dicíndolle aos condutos lacrimais dos nosos ollos que produzan máis auga, para poder diluír o ácido e protexer así os ollos.

Algúns trucos para poder cortar a cebola sen que choremos serían:

1.  Cortar a cebola debaixo de auga fría. Así os compostos sulfurados libéranse pero reaccionan coa auga e non alcanzan os nosos ollos.

2. Conxelar a cebola durante uns 10 minutos antes de cortala. Así a temperatura fría ralentizará a reacción que dá lugar a eses compostos sulfurados que nos provocan irritación nos ollos.