"Casiñas" para os morcegos

6 Septembro 2012
morcegos-obr1

O pasado día 28 de maio de maio tivemos unha charla no instituto sobro os morcegos aproveitando que este é o bienio internacional adicado a eles. Roberto Hermida, un representante da asociación “Drosera” falounos da importancia que teñen para o nosos planeta xa que ocupan un importante lugar na cadea alimenticia.

Explicounos os tipos de morcegos que hai no mundo e falounos, en especial, dos morcegos galegos.

Ao rematar a charla un grupo de 4º ESO (A e C) estivo facendo un obradoiro para construír caixas. Roberto, o poñente, trouxo pezas de madeira para construír varios refuxios e ver de colocalos no noso centro. Montamos as pezas seguindo as súas instrucións e tivemos que raias a peza que fai de rampa de acceso para facilitarlles a entrada e saída empregando as súas unllas.

Aínda que este ano non os utilizarán porque xa se teñen instalados nas súas “casiñas de verán” temos a esperanza de que na primavera próxima poidan empregalos e criar nelas. O próximo curso darémoslle unha capa de aceite de liñaza e colocarémolos a uns4 mde altura. 

morcegos-obr