Cans nórdicos

2 Marzo 2012
samoiedo

Aproveitando que se cumpliu o centenario da chegada ao Polo Sur, na clase de 1º de ESO C estamos a facer un proxecto sobre a Antártida, no que incluímos un pequeno traballo sobre os cans nórdicos, que fixeron posible, co seu traballo, moitas das viaxes dos exploradores polares.

Estes cans, ben adaptados ao frío, utilízanse en carreiras, en expedicións, para arrastrar trenós, como pastores ou como animais de compaña.

Teñen unha pel grosa e dúas capas de pelo, o que os fai moi resistentes ao frío. Son razas moi primitivas, emparentadas cos lobos, algunhas de carácter dificil de dominar. As máis coñecidas son o malamute de Alaska, o akita inu do Xapón, o Haski de Siberia, o groenlandés, o samoiedo...