Canguros
Cando falamos dos canguros pensamos neses simpáticos animais que se desprazan dando grandes saltos e que levan á súa cría nunha bolsa no seu ventre.
Pero co nome xeral de canguros coñécese a un amplo grupo da familia dos macrópodos con máis de 63 especies na que se inclúen os wllabys, wallaroos, quokkas...
Teñen as extremidades posteriores máis fortes e desenvolvidas cas superiores, a cola longa e máis ou menos musculada e garras afiadas. Son marsupiais. As suás crías nacen en estado inmaduro e complementan o desenvolvemento na bolsa marsupial onde están as mamas.
Son endémicos do continente de Australia. Os canguros arborícolas viven tamén en Nova Guinea.
O canguro é unha icona de Australia; aparece no escudo, nalgunhas moedas, e a súa imaxe é empregada por moitas empresas.