Campus CLIMÁNTICA 2012

Catro alumnos do Asorey foron premiados coa asistencia á última edición
15 Decembro 2012
Logo CLMNTK12

O pasado mes de xuño os participantes que resultaron gañadores do V Congreso CLMNTK foron obsequiados con 6 días de campamento sobre Educación Ambiental nun pobo de A Coruña chamado Bergondo situado a 1,5 km de Sada. Dito campamento celebrouse no Albergue Xuvenil Mariña Española que como o seu nome ben indica está situado a carón do mar e tratase dun edificio composto por 4 plantas , areas deportivas, unha inmensa piscina e grandes espazos ao aire libre. Presentado xa o lugar onde se desenvolve a historia vouvos contar a miña experiencia, perfectamente repetible.

O primeiro día nada máis chegar a miña gran sorpresa foi observar que non só había xente de Galicia senón que tamén había xente chegada de diversos lugares de España tales como Alacante e Málaga, inclusive había xente de outros países hispanoamericanos como é o caso de Arxentina e México . Polo visto a parte de haber unha gran variedade cultural tamén había unha gran variedade de idades dende rapaces do primeiro curso da ESO ata rapaces máis grandes de bacharelato pero a pesar destas diferenzas soubemos levarnos moi ben. 

Campus CLMNTK12

Ao longo de toda a semana fixemos multitude de actividades onde cabe destacar a visita aos típicos museos científicos coruñeses pero esta vez engadindo un novo museo a ruta. Este novo museo chamado MUNCYT, de recente inauguración, móstranos a evolución tecnolóxica dende a antigüidade ata os nosos días. Dos museos científicos tamén cabería destacar o filme en 3D  S.O.S Planet visto no Domus onde a organización WWF mostraba as súas preocupacións medioambientais a través do pensamento dun oso panda. Visitamos outros lugares coruñeses tales como a lonxa , a planta de potabilización , etc… inclusive un día nos desprazamos deica Ferrol para facer un obradoiro de publicidade na aula de ecoloxía urbana onde só se criticou a publicidade enganosa en anuncios automobilísticos. Tampouco faltaron actividades en Sada tales como entrevistas aos seus habitantes sobre o pasado e os cambios que se produciron na zona, con estes datos posteriormente fariamos un traballo, así como actividades de ocio nas súas praias.  Finalmente destaco a charla que nos deu Ángel Carracedo, sobre o xenoma humano onde fixo un experimento con chicharros para mostrar unha forma sinxela de obter e ver ADN . Tamén falou dos seu grupo de traballo e algúns dos casos máis importantes que tivera entre as mans  como as violacións e asasinatos do Alcàsser e actual caso dos fillos de José Bretón.