Campamento de verán OCEÁNTICA13
Con motivo da primeira convocatoria ó concurso Oceántica 2013, desde o IES Francisco Asorey presentamos diversos traballos con temática mariña dos cales varios saíron premiados.
O premio consistiu na estancia nun campamento en Ribeira (Lugo) durante 5 días con outros rapaces e rapazas de toda Galicia, Alicante, Madrid, México, Arxentina, Polonia e Portugal.
Durante os 5 días tivemos varias actividades e visitas a lugares relacionadas co mundo dos océanos. Aprendemos cousas sobre xeoloxía e sobre a pesca e coñecemos tres pobos moi relacionados coa vida no mar: Burela, Luarca e Ribadeo.
Ademais desas actividades, tamén aprendemos a convivir todos xuntos e a relacionarnos con persoas que a duras penas entendían o noso idioma. Traballamos xuntos e formamos unha gran familia.
Nestas diapositivas da presentación móstrovos un resumo das actividades que fixemos día a día no campamento, acompañado de fotos.
Foi unha experiencia incrible que me gustaría volver a repetir e anímovos a todos a que participedes en Oceántica 2014!