Cambio climático. Un novo exemplo
A pesares de que xa cremos coñecer de todos os temas relacionados co cambio climático, e de que, en certa medida, xa non nos preocupa nin nos afecta coma antes, o certo é que cada día se coñecen novas que non son demasiado esperanzadoras.
A última trátase dun estudio realizado pola Axencia Europea de Medio Ambiente que, creando unha serie de mapas, poden prognosticar os cambios nas precipitacións e nas temperaturas en Europa no século vixente. E o certo é que os resultados non son nada optimistas, senón que predín que as temperaturas aumentarán de 0,4ºC a 2,5ºC ata a primeira metade de século, sendo sureste de Europa e a Península Escandinava as zonas máis afectadas.
Ademais, o aumento de temperatura, producirá unha maior variación entre inverno e verán, provocando na tempada estival numerosas vagas de calor e seca, que conlevarán grandes problemas de saúde humana, abastecemento de auga e na produción agrícola.
Con respecto ás precipitacións, estas aumentarán nas zonas do norte e diminuirán no sur ata un 15%, sendo en verán moi pobres. Estes datos, recollidos no proxecto ENSEMBLES produciranse dende 2021 ata 2050, etapa na cal se dará un gran crecemento económico e unha sobrepoboación mundial de preto de 9 mil millóns de persoas. Finalmente, creo que exemplos coma este nos deberían facer recapacitar e actuar a tempo, xa que nós somos os únicos que podemos cambiar este futuro.