Por que cambia a hora?
Na madrugada do sábado ao domingo pasado uns 1.500 millóns de personas de case 80 países adiantaron os reloxos unha hora.
Comezou oficialmente o horario de verán e na madrugada do 27 de outubro volverase a cambiar.
Segundo o Ministerio de Industria o cambio de hora supón un aforro de enerxía, sobre todo en sectores como o transporte, a seguridade vial, o turismo e o ocio. Este ano calculan que se aforrará ata un 5 % do consumo eléctrico en iluminación (uns 300 millóns de euros, 90 nos fogares e 210 na industria e nos edificios de servizos), esto sempre que se apaguen as luces cando haxa iluminación natural. En Galicia, pola súa situación xeográfica o aforro eléctrico só supón un 0,4 %. Segundo informa a Consellería de Economía (Inega) o país aforra un 1% no sector doméstico e sobre un 3% no sector servizos.
O cambio de hora a fecta a todos os paises membros de Unión Europea e comezou a xeneralizarse no mundo en 1974, despois da primeira crise do petróleo. Aplicouse na Comunidade Europea en 1981.
EFECTOS SOBRE A SAÚDE:
A adaptación ao cambio de hora pode provocar malestar xeral, cambios de humor e de ánimo, trastornos dixestivos, cefaleas, dificultades para manter a atención… O noso corpo pode tardar entre tres e cuatro días en adaptarse ao novo horario. As máis afectadas son as persoas con probremas neurolóxicos.
ALGUNHAS CURIOSIDADES:
Ata o 1 de xaneiro de 1901 a hora civil oficial en España era a referente ao meridiano de Madrid (situado a 3º 41' O). Adeamais, cada provincia tiña unha una hora local diferente, dependendo da coordenada de lonxitude local. Así, entre Galicia e as Illas Baleares había unha diferencia de máiss de 50 minutos.
Co comezo do século XX fíxase para todo o territorio español a hora do Meridiano de Greenwich, coñecida como GMT (Greenwich Meridian Time) ou TU (Tempo Universal). O 15 de abril de 1918, introdúcese o concepto DST (Daylight Saving Time) ou horario de verán, convención pola que se adiantan os reloxos para que as tardes teñan máis luz diurna e as mañáns menos.
A alemania nazi impuxo o seu horario en Europa a todos os países ocupados e o 7 de marzo de 1940 o Boletín Oficial do Goberno de España ordenaba que se adiantase en 60 minutos un horario para homologalo co de Berlín, adóptase como hora oficial a do Meridiano 15º, o tempo GMT sumándolle unha hora. Despois de finalizar a Segunda Guerra Mundial mantívose.
Estes cambios aplicáronse de forma xeral, houbo excepcións e variaron as datas de aplicación.
Por exemplo, os anos 1920, 1921, 1922, 1923, 1925 e dol 1930 ao 1936 non se fixo ningún cambio de hora. Durante a Guerra Civil Española, existían diferentes cambios para a Zona Republicana ou para a Zona Nacional.
Os anos 1941, 1947, 1948 e o período entre 1950 e 1973 tampouco tiveron cambio de horario de verán.
Aplicando criterios xeográficos, que Madrid ou Barcelona (e máis aínda A Coruña ou Vigo) teñan a mesma hora que Berlín é pouco entendible. O horario medio de Greenwich ou GMT é o horario solar medio no Observatorio Real de Greenwich e que equivale a cero graos de lonxitude. Este meridiano cruzaría a costa mediterránea española, polo que tanto España como Francia, Gran Bretaña e Portugal deberían manter un mesmo horario.