Caldeiróns na praia de Bares

18, dos 22 caldeiróns apareceron varados en Bares xa morreron
10 Outubro 2013
caldeiróns Bares

O luns, 6 de outubro, apareceu unha manda de 22 caldeiróns, uns cetáceos semellantes aos  golfiños, pero de maior tamaño, na praia de Bares (Mañón). Ao pouco tempo seis morreron.

Numerosas persoas acudiron ao areal para axudar aos animais, entre eles varios pescadores e voluntarios que se lanzaron ao mar para tratar de evitar que os animais volvesen á praia, á que se dirixían unha e outra vez. Durante todo o día, a noite e o día seguinte membros da CEMMA (Coordinadora Galega para o Estudo dos Mamíferos Mariños), protección civil, garda civil e veciños tentando seguiron salvar aos supervivintes. Dos que volveron ao mar sete vararon na praia de Arealonga (O Vicedo) o martese 8, e seis morreron; sete subiron polo río Sor, dos que morreron tres. Neste momento sábese que en total son 18 os exemplares mortos. O restos vagan polo mar desorientados ao faltarlles a guía e teñen difícil a supervivencia.

Estes cetáceos proceden probablemente dunha zona que rodea as Illas Canarias, aínda que tamén poderían ter chegado do leste dos Estados Unidos. Pénsase que o motivo de que chegasen á nosa costa fose o oumento de temperaturas nas correntes o que provoca que entren en áreas que non son as súas habituais.

Na manda había machos, femias e crias. O exemplar máis grande medía 4,5 m de lonxitude, e pesaba unha tonelada.

As necropsias revelaron que levaban polo menos cinco días sen comer. Os animais mortos levaránse a incinerar e dous exemplares serán limpados para expoñer os esqueletos no museo da Sociedade Galega de Historia natural do Ferrol.

Iste é o segundo varamento masivo de caldeiróns en Galicia, o anterior tivo lugar en 1998 nesta mesma ría, na praia de Arealonga (O Vicedo), con 13 exemplares, dos que morreron tres.

caldeirón
Más información","scaleRate":0.75},"notice":{"show":true,"message":"<p class=\"message\" align=\"right\">El anuncio finaliza en _countdown_ segundos.</p>"},"schedule":[{"position":"pre-roll","server":{"type":"Direct","tag":"http://reachandrich.antevenio.com/call/pubx/18844/337431/4332/M/117326.803621836/[target]?"}}]}},"akamai":{"url":"http://media.vtelevision.es/video/plugins/AkamaiFlowPlugin.swf"},"controls":{"url":"http://media.vtelevision.es/video/plugins/flowplayer.controls-3.2.13.swf","autoHide":"always","backgroundColor":"transparent","backgroundGradient":"none","sliderColor":"#ffffff","sliderBorder":"1.5px solid rgba(160,160,160,0.7)","volumeSliderColor":"#ffffff","volumeBorder":"1.5px solid rgba(160,160,160,0.7)","bufferColor":"#cccccc","progressColor":"#AE101A","buttonOverColor":"#AE101A","buttonColor":"#AE101A","timeBgColor":"#AE101A","timeColor":"#ffffff","durationColor":"#cccccc","tooltipColor":"rgba(255, 255, 255, 0.7)","tooltipTextColor":"#AE101A"},"content":{"url":"http://media.vtelevision.es/video/flowplayer.content-3.2.8.swf","height":40,"width":"100pct","top":0,"backgroundColor":"#000000","border":"none","borderRadius":0,"style":{"a":{"color":"#ffffff","fontSize":20,"fontWeight":"bold","marginLeft":20}},"opacity":0.9,"html":null,"display":"none"}}}' />