Cal é o mineral natural máis duro?

3 Decembro 2011
lonsdaleita

Cal é o mineral máis duro? Cando oímos esa pregunta todos pensamos no diamante pero descubriuse un mineral que posúe unha dureza do 58% maior á do diamante.

Este mineral negro brillante, descuberto pola Universidade de Shangai, coñécese como a lonsdaleíta ou diamante hexagonal. A lonsdaleíta está composta por átomos de carbono, ó igual co diamante, pero ten unha forma hexagonal debido á cadea cristalina que o forma.

É un mineral moi raro, os únicos lugares onde se atopou lonsdaleíta en estado natural foi en xacementos de impactos de meteoritos que na súa composición conteñan abundantes cantidades de grafitos. Ó impactar contra a Terra,estes meteoritos de grafito están sometidos a unha elevada temperatura e presión que provoca o paso dese grafito a lonsdaleíta. 

No ano 2009, un grupo de científicos das Universidades de Nevada e Shangai  conseguiron crear unha lonsdaleíta artificial subministrando na lonsdaleítas unha carga considerablemente elevada. A este novo material coñécese como lonsdaleíta superdurae supera a dureza do diamante nun 78%.

cuasi cristal